|
SOS
ÁFRICA
SERVIZO DE SOLIDARIDADE CON ÁFRICA
QUE É
Fundada no ano 1992 en Barcelona, SOS
ÁFRICA é unha organización de solidaridade independente, é dicir,
non gobernamental e non confesional, ó servizo dun proxecto de
desenvolvemento humano e de progreso cara a liberdade no ámbito
cultural, social, económico e político.
SOS ÁFRICA
é, por excelencia, a organización que está ó servizo de África e, moi
en particular, ó servizo dos seus meniños e meniñas, a esperanza dun
futuro en liberdade con dignidade. SOS ÁFRICA é a organización que
existe grazas a quen o fai posible, a
quen a apoia.
QUE
FACEMOS
En África, xa no pasado apoiamos, no
presente apoiamos e sostemos dun modo efectivo no cotián o traballo,
as actividades e proxectos das organizacións locais que comparten
connosco o mesmo análise e unha visión positiva de
África.
A pesar das súas evidentes carencias, son as que están verdadeiramente
familiarizadas coas condicións locais, as culturas, as linguas e a
mentalidade da xente. A mayoría anda na procura de solucións concretas
a problemas concretos. Noutras palabras, sintonizan coas verdadeiras
aspiracións e coas necesidades reais das pobocións autóctonas. Cando
nos apoias, a eles tamén os apoias.
En Europa levamos a cabo accións de
sensibilización conferencias, seminarios, exposicións, cursos
destinados ós africanos da diáspora, campañas de solidaridade,
de denuncia e accións de
protesta, etc)
no convencemento da necesidade de que tamén aquí se produza un
gran troco e unha global conversión de comportamentos e de actitudes,
sobre todo dos gobernos.
OBXECTIVOS
Xa que SOS ÁFRICA entende o
desenvolvemento como un proceso de liberación, como un adianto á
completa liberdade, os homes e as mulleres africanos ós que apoia
a organización, coa axuda -en Europa- de persoas de conciencia
solidaria, están a dar pasos, avanzando, rompendo elos, e traballando
sobre o terreo -en África- en beneficio das poboacións autóctonas e
en tódolos terreos.
No campo da saúde, da alimentación, da
educación, da agricultura, da concienciación política, da recuperación
e promoción das culturas autóctonas, etc.
O noso primeiro proxecto é a persoa e a
mellora das súas condicións de vida. O apoio a súa liberación é o
noso principal obxectivo.
COMPROMISOS
A obriga
de SOS ÁFRICA é mellora-las condicións de vida das poboacións
africanas, en particular das nenas e dos nenos, e contribuir a crear
unhas sociedades de liberdades para os Pobos de África.
- Este compromiso
obríganos a procurar metas de liberación da fame, da ignorancia, das
privacións, da miseria, das opresións, dos complexos, das
dependencias, da escravitude en resume.
- Estas liberacións
son fundamentais para garantir a dignidade humana, o desenrolo, o
progreso, a liberdade, a paz e tódolos dereitos de tódolos humanos.
- Esta aposta
constitúe o verdadeiro significado, a xustificación e a finalidade das
actuacións de SOS ÁFRICA.
Sen esta aposta o traballo dos nosos
homes e mulleres perde toda lexitimidade nos Países en Vías de
Liberación.
COMO
COLABORAR
Precisan do teu apoio. Precisámolo. Se te
animas a colaborar con SOS ÁFRICA, cos homes e mulleres que no
continente africano fan posible a solidaridade e o desenvolvemento da
liberdade, podes escoller entre as seguintes opcións. Colaborar:
- Como Cooperante de SOS ÁFRICA
apoiando os seus proxectos.
Compartes a túa alegría e o teu
ben-estar. Participas na financiación de proxectos das asociacións
locais que requiren o apoio de SOS ÁFRICA. Coa túa aportación mensual
convérteste en auténtico cooperante: dende a
"retagarda" da solidaridade
cooperas para que os mesmos africanos,
"in situ", dispoñan de medios para poder construir vivendas, escolas,
equipar hospitais, escavar pozos, mercar semente, promover campañas de
sensibilización entre a poboación, sanea-la vida política, promove-los
valores democráticos e convivenciais, fortalecer os valores étnicos,
potencia-la súa autoestima e a súa independencia, revalorizar-las súas
sás tradicións culturais, etc. En resume, contribúes ó progreso da
liberdade.
- Como padriño ou madriña dunha
meniña ou dun meniño de África
Meniños e meniñas de África, en concreto
de
xa teñen padriños e madriñas. Outros
moitos agardan. O apadriñamento é un xeito eficaz de axuda individual
que beneficia a un neno ou unha nena do cal faremos que te chegue foto
e cartas. Con 20 € mensuais axudarás a mellora-las condicións de vida
da meniña ou meniño. Ofreceraslle unha educación básica e asistencia
médica para mellora-lo seu futuro. A túa axuda tamén beneficiará a
outros nenos e a toda a comunidade grazas a proxectos de desenrolo
integral.
- Como "Nena ou Neno Benfeitor”
É a
"Solidaridade de Neno a Neno".
Moitos nenos e nenas que os seus pais teñen apadriñados a un meniño ou
meniña africano soen colaborar engadindo 3 € para mercar material
escolar para o seu afillado. Se queres que o teu fillo ou filla fagan
unha boa obra:
- Como institución
(Colexios/parroquias/asociacións)
Moitos colexios, parroquias e asociacións
comprometéronse na educación e formación de 1, 2 e ata tres meniños. É
bo que moitos máis se comprometan.
- Como Colaborador
puntual ou en casos de emerxencia humanitaria
Tamén podes apoiar puntualmente as nosas
campañas de solidaridade e facer un donativo á Organización a través
de calqueira das seguintes entidades bancarias:
CAJA DE MADRID: 2038-9900-60-6000446834
BANC SABADELL: 0081-0114-40-0001171324
(conta apadriñamentos)
BANESTO: 0030-2549-97-0000055271
BBVA: 0182-5734-30-0011500022
LA CAIXA: 2100-0835-12-0200503096
- Adquirindo algún dos nosos productos
Camisetas, pins, tableiros de awalé,
libros, tarxetas de nadal, etc.

|
 |
| |
|
SOS AFRIKA
© 2001 · Ronda de la Universidad 20, 1-2 |
|
CAT-08007
BARCELONA (ESPAÑA) |
|
 |
93 412 66
77 |
 |
93 412 03
45 |
|
|
|